Bueno, temos que confesar que o último estanque non é noso, trátase do estanque do Pazo de Oca. Con tempo e maña temos a esperanza de que algún día chegaremos a facer un semellante :)
Gústanos o verde, o verde de verdade, o natural, o que se sementa, nace e hai que cortar de vez en cando. Aquilo que osixena as nosas vidas, que amortigua as caídas, que mancha, que é incluso confortable para descansar, para o lecer...
Calquera espazo verde por si mesmo aporta calidade ao entorno que o rodea, faino moito máis fermoso, apetecible, saudable e habitable.